Comercio, Transporte e Turismo: Dinámicas Económicas e Impacto
Vantaxes e Inconvenientes da Compra Online
- Vantaxes: Non hai horarios nin desprazamentos, ampla oferta de produtos e facilidade para comparar prezos, maior mercado e máis marxe de beneficio.
- Desvantaxes: Non hai contacto físico co produto, menor seguridade no pagamento, maior competencia para as empresas, risco de desaparición de tendas físicas.
Liderado do Sector Terciario nas Economías
Un sector á alza
O crecemento do sector terciario ofrece servizos en lugar de bens materiais. Este sector está medrando en case todas as economías do mundo, sobre todo nos países desenvolvidos.
Servizos públicos e privados
- Servizos públicos: Finánciaos o Estado co diñeiro dos impostos. A súa finalidade é organizar o funcionamento da sociedade e satisfacer as necesidades básicas.
- Servizos privados: Facilítanos as empresas privadas e os traballadores autónomos.
Organización do Comercio Mundial
A OMC e os bloques comerciais rexionais
O comercio mundial está regulado por acordos que se establecen entre os países no seo da OMC (Organización Mundial do Comercio), creada en 1995. O obxectivo da OMC é facilitar o comercio internacional, eliminando barreiras, como a redución de aranceis. Hai países que se unen formando bloques comerciais para obter beneficios entre eles. Hai dous tipos:
- Área de libre comercio: Entre os países do mesmo bloque están exentos de pagar taxas aduaneiras.
- Unión aduaneira: Área de libre comercio onde se eliminan os aranceis entre os estados membros e se establece unha política aduaneira para países non membros.
Os Transportes
É un servizo fundamental porque permite o traslado de persoas e mercancías. Este servizo require dous tipos: Medios de transporte (vehículos: coche, barco, avión…) e infraestruturas de transporte (estradas, portos, aeroportos…).
As redes de transporte
As redes de transporte conectan os principais puntos dun territorio, favorecendo a economía e a mobilidade. Nos países desenvolvidos son densas e estruturadas, mentres que nos en desenvolvemento adoitan ser menos estruturadas.
Factores que inflúen no trazado da rede de transporte
- Factores naturais: Hai factores naturais que poden dificultar a construción (montañas, ríos, mares…).
- Factores humanos: A distribución da poboación, a actividade económica e as relacións con outros territorios e países, condicionan o trazado de redes.
- Factores históricos: Hai acontecementos históricos que impulsaron a construción de redes de transporte. Por exemplo, en Europa coa Revolución Industrial.
Transporte Aéreo
Crecemento do transporte aéreo
O transporte aéreo medrou moito desde a Segunda Guerra Mundial e é a clave na globalización. Hoxe, o avión é o principal medio para viaxes longas. Desde os anos 90, as compañías de baixo custo fixeron máis accesible voar. A pandemia provocou unha forte caída do sector.
Problemas do sector
O avión é un medio de transporte rápido, seguro e cómodo. O turismo é o principal motivo de uso.
Problemas: Ten unha limitada capacidade de transporte, alta contaminación atmosférica e acústica, tecnoloxías e instalacións moi caras, e tempos de espera nos aeroportos.
Comercio e Transporte en España
Importancia do comercio na economía
O crecemento do PIB español vai moi ligado ao comercio.
O comercio interior
É un dos sectores que máis traballo e riqueza xera. A comezos da década, máis do 21% das empresas españolas incluíanse no sector comercial. O comercio electrónico medrou moito grazas á pandemia.
O comercio exterior
España aumentou a súa participación no comercio mundial. As exportacións aumentaron no 2019, pero en 2020 baixaron pola pandemia.
Como é a Rede de Transporte Española
A rede terrestre tiña unha configuración radial centrada en Madrid. Agora está a desenvolverse con máis estradas para mellorar a conexión entre cidades.
A rede ferroviaria está a modernizarse coa alta velocidade e a conexión con redes europeas.
O transporte marítimo é moi relevante.
O transporte aéreo é clave polo peso do turismo na economía.
Comercio e Transporte en Galicia
O comercio
O comercio en Galicia é un sector moi importante que emprega moita xente e gran parte da economía.
Comercio interior
Nos últimos anos sufriu unha transformación. As tendas tradicionais perderon peso fronte a supermercados e grandes centros comerciais.
Comercio exterior
Galicia exporta automóbiles, produtos alimentarios… Os principais destinos son Francia, Portugal, China, Italia, Alemaña e Estados Unidos.
Importacións
Inclúen automóbiles, alimentos para animais, petróleo, electrodomésticos e maquinaria.
Balanza comercial
É positiva, xa que Galicia exporta máis do que importa.
A Rede de Transportes en Galicia
Transporte por estrada
A rede viaria está formada por camiños, estradas e autoestradas, influída polo relevo e a dispersión da poboación.
Transporte por ferrocarril
Sobresae a alta velocidade no Eixo Atlántico (A Coruña–Vigo) e Ourense–Santiago.
Aeroportos e portos
Galicia ten tres aeroportos internacionais (Santiago, Vigo e A Coruña). Conta con cinco portos de interese xeral (Ferrol, A Coruña, Marín, Vilagarcía e Vigo).
Impacto Ambiental do Transporte
Alta contaminación atmosférica
- O transporte xera o 30% das emisións de gases de efecto invernadoiro.
- Especialmente contaminantes son os vehículos con motor de combustión.
- Emítense tamén outras partículas e gases nocivos (CO₂, NOx,..).
- O transporte aéreo é o máis contaminante por quilómetro por persoa.
Alteración de hábitats e paisaxes naturais
- As infraestruturas (estradas, vías..) rompen ecosistemas e afectan á fauna e á flora.
- As grandes infraestruturas causan unha transformación na paisaxe.
Atascos e contaminación acústica
- Nas cidades, o tráfico provoca atascos que xeran estrés.
- O ruído dos vehículos e dos barcos afecta a persoas e animais.
Verteduras e residuos sólidos
- Os buques petroleiros poden sufrir un accidente e provocar verteduras causando un gran dano na vida mariña.
- A fabricación e uso dos vehículos xeran residuos sólidos.
O Impacto do Turismo
Efectos económicos
- Positivos: Xera emprego directo e indirecto; impulsa o comercio e os transportes; importante fonte de ingresos.
- Negativos: Especulación inmobiliaria; suba dos prezos; emprego estacional e substitución doutras actividades económicas tradicionais.
Efectos ambientais
- Positivos: Axuda a conservar espazos naturais e a valorar o patrimonio paisaxístico.
- Negativos: Turismo masificado pode degradar o medio: perda de biodiversidade, aumento de residuos.
Efectos socioculturais
- Positivos: Promoción e conservación das culturas locais.
- Negativos: A poboación local pode verse obrigada a emigrar pola suba de prezos.
O Turismo na Axenda 2030
O turismo é clave para acadar varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, xa que:
- Reduce a pobreza e a fame e mellora a saúde e benestar.
- Impulsa a educación e a formación profesional.
- Promove o apoderamento das mulleres.
- Mellora as infraestruturas públicas.
- Axuda a preservar o patrimonio cultural e natural.
- Reduce a fenda económica e social entre países.
- En países fráxiles ou corruptos, pode impulsar accións pola paz, seguridade e xustiza.